Alumnado dos colexios Virxe do Mar e Jorge Juan de Narón participou na mañá deste mércores nas actividades a través do programa municipal de Recursos de Apoio á Escola, impulsado desde a Concellería de Ensino, que dirixe a edil Mercedes Taibo, a través do Servizo Sociocomunitario Municipal e que se desenvolve en horario escolar.
Os rapaces e rapazas do CPR Jorge Juan visitaron as instalacións do Pazo da Cultura, mentres que os do Virxe do Mar fixeron o propio no Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, en ambos casos acompañados por profesoras e profesores dos citados centros educativos. “Este programa representa unha magnífica oportunidade para que os escolares da nosa cidade coñezan un pouco máis tanto as instalacións municipais como parte dos servizos do seu interese e tamén ten un apartado didáctico que abarca diferentes áreas como a cultura e a seguridade cidadá, neste caso”, explicou Taibo.
Entre as 9.30 e as 11.30 horas, un grupo de corenta e cinco alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de educación Primaria do CPR Jorge Juan participou nas visitas programadas ao Pazo, no marco da iniciativa Pazo vivo, que lles permite coñecer estas instalacións culturais e tamén boa parte das actividades que se desenvolven en cada unha das aulas. As nenas e nenos coñecen a través deste programa algúns instrumentos musicais, aprenden unhas nocións básicas de baile tradicional e de salón e tamén ven cómo se realiza un instrumento de percusión ou cómo funcionan os espazos reservados para a actividade teatral. Ao longo da visita os escolares van cubrindo unha ficha que, unha vez rematada, lles ofrece unha clave final.
As visitas tamén se realizan ás instalacións do Speis en Río do Pozo, que se incluíron este ano como novidade neste programa municipal. Un grupo de corenta e dous rapaces e rapazas do colexio Virxe do Mar desprazouse ás citadas instalacións, donde recibiron unha serie de coñecementos básicos sobre Primeiros Auxilios e tamén sobre a vespa velutina e os sistemas de control desta especie, aprendendo a realizar trampas caseiras. Así mesmo, coñeceron os equipos e medios cos que traballa habitualmente o persoal do Speis.
A Concellería de Ensino impulsa este programa desde hai varios anos e a súa excelente acollida fai que se vaia incrementando o ámbito de traballo, xa que inicialmente se realizaban só ao Concello e a Biblioteca –donde se manteñen