Obradoiro de educación emocional e empoderamento no piñeiral de Cabanas

O Concello de Cabanas promove, en colaboración co IES Fraga do Eume, un obradoiro de educación emocional e empoderamento no piñeiral da Madalena dirixido ó alumnado de 1º e 3º curso do centro educativo. Celebrarase mañá venres, 23 de febreiro, entre as 12,30 e as 14,10 horas. A iniciativa forma parte do proxecto Empodera, incluído no Plan Municipal de Acción Social coa Mocidade que impulsa a Concellería de Servizos Sociais.

O obxectivo da actividade é fomentar o empoderamento de mozos e mozas a través do autocoñecemento, a educación emocional e o fomento do bo trato e a convivencia positiva. Para isto, desenvolveranse dinámicas grupais, ioga e exercicios de relaxación.

Lea también

El Concello de Ortigueira celebra un año más las “Xanelas do Nadal”

El plazo para inscribirse finaliza el viernes 27 de noviembre. El Concello de Ortigueira continúa …