Este sábado 24 de febrero conmemorase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro en 1837 e o Concello de Ferrol fará a súa homenaxe cun acto de dinamización que terá lugar no mercado da Magdalena, como presentaba na mañá do xoves o concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, acompañado das actrices Lucía Veiga y Martita Martínez, que serán as encargadas de levalo a cabo.
O concelleiro recordaba que en anos anteriores “se lles daba un pequeno agasallo as personas que ían a biblioteca municipal, e se collían un libro en galego o agasallo era maior”, pero este ano o Concello de Ferrol quere ampliar isto aproximando a figura de Rosalía de Castro os mercados municipais, empezando este sábado no mercado da Magdalena con este acto.
Todas as persoas que vaian o sábado pola mañá o mercado da Magdalena “van a disfrutar de Rosalía de Castro e as persoas que relaten uns versos dela terán agasallos como son marcapáxinas e bolsas rosalianas”, afirmaba Álvaro Montes.
Para Lucía Veiga, que será unha das dúas Rosalías, o obxectivo é “chegar esta literatura, sendo unha das cousas máis cercanas para o pobo galego, porque nunca pasou de moda, ademáis de ser un dos referentes que levamos no ADN.” A actriz tamén afirmaba que “o pensamento de galego sae por Rosalía e a pesar de que non é humorística, ten a retranca que temos todos os galegos dentro.”
A outro Rosalía, a la que darálle vida Marita Martínez esta era “unha oportunidade que nos permite achegar a Rosalía á xente, sendo unha imaxe cercana co pobo e moi respetada”. Definía a Rosalía de Castro como “unha persoa que foi capaz de conmover e falar coa voz máis humilde do pobo cos seus poemas e esperamos poder conectála de novo co pobo con esta acción.”