«O goberno local de FeC se salta todos os procedementos no asunto das tasas» sinala o BNG se salta todos os procedementos

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a publicación no día de onte, xoves, do Padrón de contribuíntes da taxa de depuración evidencia que o goberno local de Ferrol cometeu unha nova irregularidade e situouse unha vez máis ao lado dos intereses da parte privada de Emafesa  fronte aos veciños e veciñas da cidade.

O BNG indica que «o feito de que Emafesa, amparada polo goberno local precedese ao cobro dos recibos de saneamento antes de terse publicado o padrón inculca de forma grave os dereiros dos veciños e veciñas de Ferrol, vulnerando as garantías administrativas de todo contribuínte e situando as veciñas da cidade nunha clara indefensión ao serlles negado o dereito aos recursos que corresponderan».

Para o BNG isto «súmase ao feito de terse demostrado que o recibo que se esta a emitir no día de hoxe non se adapta ao custo real do servizo, principio básico que rexe a imposición de calquer taxa por parte deste concello, a pesar de cobrarnos por depurar augas de chuvia non contaminadas, a pesar de que o cobro se fai a traves da empresa Emafesa sen que exista un contrato que o permita e apesar de que non se ten resolto o recurso de reposición do Bloque Nacionalista Galego a todo este despropósito».

Para o BNG todo isto «o único que demostra é que o goberno local de Ferrol en Común se salta todos os procedementos ao non ter resoltas as alegacións apresentadas e proceder igualmente ao cobro do recibo. Para o BNG ao goberno de Ferrol o único que lle importa é cobrar, da igual canto e o por que, porque o goberno de Ferrol decidiu defender os intereses das empresas privadas e do Partido Popular antes que os dos veciños e veciñas deta cidade».

«A todo isto súmase a campaña propagandística desenvolvida por Acuaes  e coordenada con Augas de Galiza e o Concello de Ferrol para xustificar un modelo de saneamento despropositado e que cando menos debería ser asumido economicamente polo Ministerio de Fomento a través desta empresa pública no canto de permanecer calados ante o feito de que ACUAES non aporta un euro a esta infraestrutura a pesar de ser o responsábel único do seu deseño tendo que pagar, os veciños e veciñas de Ferrol, o 25% das obras declaradas de interese xeral en 1997» remata o BNG nun comunicado..

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …