Cabanas invita este mes a veciños e visitantes a descubrir a Ruta da Auga

Instante da ruta – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas propón este mes a veciños e visitantes descubrir a Ruta da Auga. Será no marco do calendario de rutas de sendeirismo que organiza a Concellería de Deportes os últimos sábados de mes co ánimo de dar a coñecer o rico patrimonio natural, etnográfico e arquitectónico do municipio. Así, as persoas interesadas en tomar parte na
iniciativa, completamente gratuíta, poden anotarse xa na Concellería de Deportes –pranta baixa da consistorial, enviando un correo ó enderezo cultura@cabanas.gal ou no teléfono 981 49 59 59 extensión 3-.

O sábado 24 de febreiro, ás 10 h, o punto de quedada será a casa consistorial. Dende aí, os camiñantes irán cara o aparcadoiro da igrexa de San Martiño do Porto, onde comenzarán a ruta sobre as 10,15 h. De 7,9 quilómetros e dúas horas e cuarto de duración estimada, recibe este nome porque case a metade do itinerario -3,4 kms- se realiza bordeando a canle do río Castro e, dende a parte máis elevada do trazado, pódese gozar da visión do mar. Aínda así, a ruta tamén podería coñecerse como a dos muíños, dado que no curso do río Castro, só na marxe do Concello de Cabanas, hai catalogados 34, algún deles, iso si, en estado ruinoso.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …