Valdoviño incorpora clases de baile para adultos á programación de actividades

Porta do Sol – Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de incorporar á súa programación de actividades clases de baile para adultos. O edil de área, Sergio Saavedra, explica que as persoas interesadas en tomar parte poden formalizar a súa inscrición dende hoxe mesmo no departamento municipal de Deportes (segunda pranta da consistorial) luns, mércores e venres de 12 a 13 horas; no correo electrónico deportes@concellodevaldovino.com ou no teléfono 626 46 55 31. As clases, que incluirán salsa, bachata e kizomba, comezarán o 28 de febreiro. A cuota mensual a pagar a partir de marzo será de 8,86 euros.

As sesións celebraranse na Casa da Cultura de Valdoviño os mércores (de 22 a 23 horas) e os venres (de 20 a 21 horas).

Lea también

O CIRS de Cervás, Ares, celebra actos do Centenario

O CIRS (Centro Instrutivo, Recreativo e Social) de Cervás disponse a celebrar unha intensa programación …