Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de cerámica de cultura en Ferrol

O Concello de Ferrol ven de abrir o prazo para anotarse nunha nova edición do curso de cerámica do Sánchez Aguilera, un obradoiro que conta con gran aceptación e demanda indicado para maiores de 16 anos e impartido por persoal cualificado. Os veciños (empadroados) no Concello de Ferrol, terán preferencia na matrícula.

O prazo para anotarse desta volta está aberto desde xa ate o 14 de febreiro no Rexistro Municipal. Os interesados xa poden descargar a folla de inscricción no taboleiro de anuncios virtual da web municipal, e presentala por Rexistro -de luns a venres de 9 a 14:00 horas- ou cumplimentala directamente no mesmo.

O curso estruturarase en tres grupos de nivel -cun máximo de 20 alumnos por quenda- de luns a venres.

GRUPO 1. INICIACION, Luns e Mércores, de 16:30 a 19:00 horas.
GRUPO 2. PERFECCIONAMENTO. Martes e Xoves, de 16:30 a 19:00 horas.
GRUPO 3. AVANZADO (CERÁMICA CREATIVA). Venres de 16 a 19 horas.

“É un curso aberto a calquera con preferencia para os que estean empadroados na cidade. E unha proposta moi demandada que da sentido a unhas instalacións que temos e as que tratamos de sacar o máximo partido posible”, expuxo o concelleiro de Educación e Cultura Suso Basterrechea, que animou a veciñanza a explorar a súa vena creativa desde o traballo artesán, feito coas mans.

A listaxe de admitidos se publicará, toda vez que remate o prazo, na páxina web do Concello de Ferrol. Para formalizar a matrícula, tal e como se indica nas bases, terán que formalizar a inscrición co ingreso de 20 euros (taxas).

Lea también

Belém Tajes, gañadora da gala final do Premio Narf 2025

Belém Tajes resultou gañadora, con 4.000 euros de premio, nunha gala final que tivo lugar …