A nova executiva do PSOE de Ferrol empeza a súa andaina

Nova executiva do PSOE de Ferrol – PSOE

O Partido Socialista de Ferrol estreou na tarde de onte, xoves, a súa nova Executiva integrada por un equipo de persoas, con igual presenza de mulleres que de homes, preparadas, con aportación de experiencia, renovación, capacidade de traballo e perfecto coñecemento da nosa cidade, entregado a tarefa de aportar un modelo socialista e próspero para a cidade.

Entre os puntos da primeira reunión atopábase a creación de diferentes grupos de traballo, que de forma inmediata comezará a súa actividade co obxectivo de dar solucións para a cidade e para a vida da veciñanza. Neste traballo a Executiva conta con toda a militancia, simpatizantes e persoas dispostas a aportar polo ben colectivo de Ferrol.

Por último, a Executiva fai unha chamada á responsabilidade e á colaboración de todas e todos as compañeiras e compañeiros a fin de que o Partido Socialista cumpra a súa función, que é velar por un modelo de cidade mellor cohesionada, social e con proxectos de futuro para o emprego e a dinamización demográfica entre outras cuestións.

Finalmente, a Executiva agradece as mostras da apoio amosadas por moi diversos colectivos sociais e comprometen estar a altura das necesidades de Ferrol.

Lea también

La muestra de vehículos de carreras eléctricos abre la semana de la movilidad de Ferrol

El circuito de seguridad vial se traslada al jueves ante la predicción de lluvia para …