Cedeira convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”

As compañías non profesionais poderán presentar as súas propostas, das que se seleccionarán tres, a partir do vindeiro 9 de outubro.

Auditorio Municipal de Cedeira- Archivo

O Concello de Cedeira convoca unha nova edición, a quinta, do Certame de Teatro Afeccionado Fusa Guillén, co que apoia a actividade das compañías non profesionais ao tempo que mantén viva a memoria dunha muller que contribuiu a impulsar o teatro na localidade. Un ano máis, seleccionaranse tres obras entre as que se presenten ao certame para que sexan representadas no Auditorio Municipal. O prazo para a presentación de propostas estará aberto do 9 ao 30 de outubro.

Un xurado formado por tres persoas da Concellería de Cultura e das artes escénicas encargarase de seleccionar, entre as compañías que concorran ao certame, tres obras que se representarán ante o público no Auditorio Municipal os días 27 de novembro, 4 e 11 de decembro, ás 20.30 horas. Cada unha das elixidas recibirá 750€ en concepto de gastos pola actuación.

Segundo establecen as bases, o certame está aberto exclusivamente ás compañías de teatro afeccionado e só se admitirá unha obra por grupo. As pezas deberán ter unha duración de 50 minutos como mínimo e ser en galego. Para a selección do xurado, as compañías deberán enviar xunto coa súa solicitude diferente material, entre o que está un vídeo da representación completa ou dunha parte suficientemente representativa, e tres fotografías de diferentes momentos da
función.

As bases están colgadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, poden consultarse directamente a través deste link:

https://sede.cedeira.gal/sxc/export/sites/cedeira/recursos/downloads/Tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260909130000181_ANEXO_1788951600-0.pdf

Lea también

La muestra «Ferrol en imaxes» puede visitarse en la plaza de España en Ferrol

La concejala de Turismo, Maica García, ha inaugurado la exposición fotográfica Ferrol en imágenes, de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *