Na mañá do mércores o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea, acompañado do xornalista Nicolás Vidal e o editor Armando Requeixo, deron a coñecer o acto de presentación do poemario póstumo de Fernando Pérez-Barreiro Nolla “Poemas do carricanto”, que terá lugar o xoves, a partir das 19:30 horas, no Antigo Hospicio, nun acto aberto a toda a cidadanía.
Fernando Pérez-Barreiro Nolla “é un dos maiores descoñecidos da cultura ferrolá”, afirmaba Suso Basterrechea, difiníndoo como “un dos grandes intelectuais da cidade e por iso merece o recoñecemento”. O concelleiro comentaba que “moitas veces unha persoa cruza a Ponte das Cabras e pouco máis se sabe dela, pero Fernando foi autor, intelectual, traductor, sendo un dos intelectuais máis grandes do século XXI.”
Para dar máis a coñecer a figura de Fernando Pérez-Barreiro Nolla, o xornalista Nicolás Vidal afirmou que “marchou nos anos sesenta a Inglaterra, onde chegou a traballar na BBC xunto con Eduard Punset que o definiu como a persona máis intelixente que coñecera nunca”. Outros traballos do intelectual ferrolan foron “na Universidade de Westminster ou na Organización Mundial do Café”, ademáis “falaba doce linguas, traducindo por primeira vez ao galego dende o chinés, coma tamén obras de Shakespeare.” Fernando Pérez-Barreiro Nolla xunto coa súa esposa Teresa Barro recibiron o Premio Nacional pola traducción de “Alicia no país das maravillas á lingua galega”.
Ao mesmo tempo foi colaborador en diversos xornáis ou publicacións como La Voz de Galicia, Diario de Ferrol ou A Nosa Terra “aportando a súa visión da realidade”.
“Poemas do carricanto” está formada por unha recopilación da súa obra en galego “con poemas entre 1950 e 2003, sendo todos traballos inéditos”, grazas a gran labor realizada pola súa esposa, a familia e polos presentes na rolda de prensa para poder facer posible este libro.
Para o editor Armando Requeixo que manifestaba o “seu afecto por esta terra, aínda que non son ferrolán, pero sempre que poido veño aquí”. Destacaba que Fernando Pérez-Barreiro Nolla “é unha das grandes figuras do século XX e principios do século XXI, falecido no ano 2010”, onde o intelectual ferrolán, discípulo de Ricardo Carvalho Calero “é un dos tres ou catro persoaxes importantes da literatura galega desta época, porque está a mesma altura que a eles”, sentenciaba.