ADIF autoriza a nova conexión viaria e peonil de Santa Mariña co Ensanche

O ADIF non ve impedimento para autorizar a construción dunha nova conexión entre Santa Mariña e o Ensanche A, unha pasarela longamente demandada polos veciños do barrio e unha débeda histórica do Concello de Ferrol que o goberno local quere acometer neste ano 2018.

A resolución do ADIF, asinada polo xefe da área de mantemento da Dirección Adxunta de Mantemento e Explotación da Rede Convencional que foi notificada ao Concello este luns 22.

Así informou esta mañá a concelleira de Urbanismo, Mobilidade e Infraestruturas, María Fernández Lemos, ao resto dos grupos políticos da corporación municipal na longa comisión ordinaria de área celebrada esta mañá na Sala de Comisións. É a resposta do ADIF ao envío da documentación complementaria da separata do proxecto básico para a nova conexión viaria e peonil entre os barrios de Santa Mariña e o Ensanche A.

Unha vez analizados os documentos que nos teñen aportados desde o Concello, non se observa impedimento para a concesión da autorización por este Administrador de Infraestruturas Ferroviarias”, conclúe a resolución.

A concelleira Lemos indicou que se está a ultimar a redacción do proxecto básico de execución da nova pasarela que, agarda, poida estar listo a finais do mes de febreiro. O custe estimado desta obra sería de 400.000 euros para a cohesión dos barrios, e salvar o camiño de ferro facilitando o tránsito das persoas entre os dous barrios da cidade.

A concelleira María Fernández Lemos tamén deu conta na comisión deste mércores da xuntanza que mantiña o pasado venres 19 coa dirección do IGVS en Compostela, unha reunión formalmente solicitada por escrito até en tres ocasión nos últimos seis meses (10 de agosto, 30 de outubro e 1 decembro do 2017) e que finalmente tiña lugar este xaneiro, días despois da presentación na cidade, por parte da Xunta, do programa Rexurbe, ao que non foi convidado o Concello.

Subliñar que, o Goberno local ofreceu a Xunta de Galicia para o Rexurbe tanto as parcelas de titularidade municipal como aquelas outras nas que os seus propietarios manifestaron a sua disposición tanto para a cesión como para a venda a Administración autonómica.

Incidir en que a convocatoria Rexurbe, só inclúe edificios de uso residencial, polo que a casa natal de Carvalho Calero non cumpriría con este requisito. Tampouco poderían entrar inmobles con cargas, ou sexa con expedientes de disciplina abertos (subsidiarias pendentes) que en Ferrol Vello polo seu deterioro e mal estado, son a maioría.

Planteamos a Xunta coordinar as obras de reurbanización que se están levando a cabo no marco das ARI coas de rehabilitación do IGVS que serán tendentes a concentrar nunha área onde sea maior o número de inmobles”, explicou Lemos. A maiores, acordouse co IGVS que o Concello cedería o inmoble sito na rúa Arguelles, entre dúas propiedades autonómicas. Unha intervención que a convocatoria do Rexurbe prevé para 2019.

A concelleira de Urbanismo fíxolle entrega ao IGVS (Instituto Galego da Vivenda e o Solo) dun dossier informativo coa relación e estado das propiedades e cos expedientes de disciplina urbanísticos abertos no barrio de Ferrol Vello.

Lea también

Agenda zona norte- sábado, 4 de mayo 2024

—-Quedan 241 días para finalizar el año. Día Internacional de Star Wars.La fecha fue elegida debido …

Un comentario

  1. A ver ahora qué exusa ponen para no ejecutar la obra, porque el tiempo pasa, el mandato se acaba y aún nos dicen ahora que están «avanzando» en el proyecto.