As súas Maxestades os Reis Magos visitarán Cabanas este venres e sábado

Fot. El boletín desde Narón

As súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán Cabanas por partida dobre. Será este venres e sábado, en sendas actividades organizadas pola ACR Cabalgata de Reyes de Cabanas, en colaboración co Concello.

Na primeira xornada, realizarán un percorrido por todo o termo municipal. Partirán de Campolongo ás catro e media do serán e pasarán pola praia de Cabanas, a casa consistorial, o local social de Lavandeira, Santa Cruz, a residencia da Terceira Idade de Laraxe, o local social de San Martiño do Porto e, por último, regresarán ó punto de partida. Para cubrir o itinerario, que seguirán de cerca os voluntarios de Protección Civil, tomarán a estrada N651 polas zonas da AC141, AC564, AC1502 e AC122.

Tras visitar pola noite todas as casas de Cabanas, o día 6 achegaranse ata o pavillón de Lavandeira procedentes de Campolongo (deste punto sairán ás 11 horas) e, nestas instalacións municipais, repartirán xoguetes durante hora e media. De aí, acudirán ó local social de Laraxe, onde farán o propio antes de despedirse ata o próximo ano.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …