Narón acollerá a cuarta edición da xornada solidaria Mari Carmen Caballero

Presentación da xornada Mari Carmen Caballero – Cidade de Narón

O Cidade de Narón encargaráse de levar a cabo unha xornada solidaria repleta de fútbol sala da comarca co fin da recaudación de alimentos a favor do Centro de Recursos Solidarios do Concello de Narón.

Cidade de Narón Futsal da Segunda División B, Silver P6 Concello de Fene da Preferente Galega e C.D Lodairo de Primeira Galicia enfrontaranse nun triangular o vindeiro domingo 7 de xaneiro as 18:45 horas do serán no complexo deportivo de A Gándara.

A entrada a dito evento será de un kilo de alimentos que se poderán entregar ese mesmo día ou ben a partir de hoxe nos seguintes enderezos que se depositarán o vindeiro domingo en A Gándara:

– Café Bar Ramil (Avenida Souto Vizoso – Narón)
– Café Bar Belando (C/Manuel Belando – Ferrol)
– Cervecería Silver (Estrada de Castela, O Ponto – Narón)
– Padel 6 (Río do Pozo)

Os alimentos prioritarios serán azucre, cacao, pasta e sobre todo conservas de verduras, carne e pescado. Alimentos con fecha de caducidade prolongada.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …

Un comentario

  1. Felicidades ao Cidade por esta iniciativa… grandes no deporte e en compromiso social