Festa de Nadal na aula hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

A aula hospitalaria da Xerencia Integrada de Ferrol celebrou a festa de Nadal cos nenos e nenas ingresados estes días no Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Os nenos que puideron achegarse á aula participaron nunha intervención teatral dos voluntarios da Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (UDP A Coruña) e a Asociación ADRA, no marco do programa Avó, cóntame e cántame que me encanta. Estes voluntarios acoden ó longo do ano con diversas actividades os últimos mércores de cada mes.

Este ano houbo cantaxogos e unha panxoliña creada para a ocasión polos pequenos e a mestra. Xunto con isto, tódolos nenos e nenas ingresados, aínda que non estiveran na aula, recibiron agasallos do club Rick e Rock. Como fin de festa, comeron unha torta especial que elaboraron para eles as e os profesionais da Cociña do Complexo Hospitalario Universitario, incluíndo unha sobremesa para os nenos que non poden tomar sucre. Entregouse o agasallo á mellor postal, que, como tódolos anos, é a que se emprega para felicitar o Nadal na Xerencia Integrada de Ferrol.

Ademais destas entidades que participaron activamente na festa de Nadal de hoxe, colaboran tamén na aula hospitalaria os voluntarios da Cruz Vermella, que traballan cos cativos e cativas os martes e os sábados; as voluntarias do scrab; e a Universidade da Coruña, co programa Aprendo xogando con futuros enfermeiros.

Xogar e aprender, aínda hospitalizado

Lembrar que os nenos hospitalizados poden continuar a traballar as cuestións relativas á súa educación nesta especial aula hospitalaria. Funciona dende xuño de 2007, ano no que se inaugurou. Ten unha capacidade para 30 nenos e nenas entre os 1 e os 18 anos. Por este espazo educativo e lúdico pasan unha media diaria de 8 nenos. Conta cun lugar de reunión de pais e profesionais, con arquivo de material, e xa a Aula Hospitalaria propiamente dita, que dirixe unha mestra de Educación, Pilar Porta, e que se divide nunha serie de espazos funcionais.

A zona de Educación Infantil está dedicada ós máis pequenos, alumnas e alumnos escolarizados en educación infantil, de tres a seis anos; unha segunda zona de Educación Primaria, pensada para ofertar resposta educativa a un abano de rapaces entre os seis e os doce anos; un recuncho de lectura; e un recuncho de novas tecnoloxías con equipamento para traballos, e con e conexión vía Internet con outras aulas. Normalmente, en horario de mañá, a mestra abrangue os obxectivos de tipo pedagóxico e curricular; e, xa pola tarde, compleméntase este labor con actividades que favorecen que o procese de hospitalización sexa máis ameno. Grazas a tódalas entidades que fan posible que, por un tempo, estes nenos se sintan menos no hospital.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …