O Partido Socialista de Ferrol amosa a súa satisfación despois de coñecer por parte da Deputación de A Coruña que esta acometerá as obras do proxecto de ampliación da travesía DP 3612 de Aneiros A Cabana, por un importe de 636.000 euros. Esta obra tan demanda pola veciñanza de Serantes, trátase dunha intervención desde o Punto Kilométrico 0+300 a 1+1100.
Según información facilitada pola Deputación os traballos consisten na ampliación do ancho da estrada de 5 a 7 metros. Tamén comprenden a construcción de beirrarúas de dous metros de ancho. Asimesmo, a actuación inclúe a renovación de rede de saneamento e abastecemento. Ademais sumase a colocación de alumeado LED.
A voceira socialista Beatriz Sestayo lembra que o Partido Socialista xa comprometera esta mellora e confirma “aquí está o compromiso adquirido. De novo os socialistas voltamos a demostrar que cumprimos coa nosa palabra.”