A estrea supón un fito para as artes escénicas galegas, xa que será a primeira vez que o Centro Dramático Galego e a Orquestra Sinfónica de Galicia compartan escenario nun mesmo proxecto, combinando interpretación teatral, literatura e música sinfónica.
O teatro Jofre acolle este sábado a estrea absoluta da obra A Culpa con dous pases, un será o sábado 7 ás 20:30 horas e outro o domingo 8 ás 19:00 horas. Trátase dun thriller teatral con música en directo que explora a memoria, a emigración e o peso dos silencios que atravesan as xeracións, acompañado por unha banda sonora inspirada no universo do tango.
A Culpa parte da novela coa que María Solar obtivo o Premio Xerais en 2022, adaptada para o teatro por Xoán C. Mejuto, quen asume tamén a dirección xunto a Iria Ares e protagonizado por ambos. A estrea da nova produción de Estudo Momento, salta aos escenarios teatrales grazas a adaptación xunto ao Centro Dramático Galego (CDG) xa que adaptaron a obra de María Solar coa mestura de teatro e música sinfónica nun mesmo lenguaxe escénico.
A estrea supón un fito para as artes escénicas galegas, xa que será a primeira vez que o Centro Dramático Galego e a Orquestra Sinfónica de Galicia compartan escenario nun mesmo proxecto, combinando interpretación teatral, literatura e música sinfónica.
A historia segue a Amanda, unha empregada de banca de Santiago que recibe a inesperada herdanza dunha multimillonaria arxentina descoñecida. Xunto á súa parella, viaxa a Bos Aires para descubrir o pasado da muller, Mirtha Val, unha antiga estrela da canción marcada polo éxito, a emigración e os segredos. Un diario atopado no seu apartamento dará comezo a unha investigación sobre identidades ocultas e crimes esquecidos.
A música orixinal, composta por Gabriel Bussi, violinista da OSG e compositor uruguaio, estará interpretada en directo por un grupo de cámara de sete músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia. Ademais, 35 integrantes da formación gravarán a banda sonora para permitir que o espectáculo poida representarse tamén cun formato musical gravado, mantendo a súa concepción sinfónica.
A obra ten unha duración aproximada de 100 minutos. As entradas, desde 20 euros, están dispoñibles na billeteira do Teatro Jofre e na web de Ataquilla.
A estrea teatral coincide cun momento destacado na carreira da autora, María Solar, recentemente recoñecida co Premio da Cultura Galega 2026 na modalidade de Letras. Catro anos despois de recibir o Premio Xerais pola novela, A Culpa dá o salto da literatura ao escenario, nunha proposta que une teatro e música sinfónica.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

