As xornadas de divulgación do proxecto turístico “A Fraga Feita Mar” continúan mañá enfocadas ó sector da hostalería

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

As xornadas de divulgación do proxecto estratéxico de turismo “Cabanas: A Fraga Feita Mar” continuarán mañá mércores, 20 de setembro. Nesta ocasión, o Concello informará do programa no salón de plenos da casa consistorial ó sector da hostalería, pero tamén tentará coñecer a súa opinión e recabar as súas suxestións, buscando a súa implicación directa. Así, a xornada dará comezo ás 19 horas.

“Cabanas: A Fraga Feita Mar” é un proxecto que está a desenvolver un equipo multidisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela, e que conta coa financiación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a través da Consellería do Mar, ademais da aportación do Concello de Cabanas. Un proxecto xestionado dentro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte.

Lea también

Cedeira promove a creación dunha ruta turística polos escenarios da serie «Rapa»

O novo produto turísco terá a súa estrea o vindeiro día 25, partindo do Palacete …