O Concello de Ferrol pecha a tempada estival de salvamento con 15 rescates e 748 asistencias

Fot. Ignacio del Moral

O Concello de Ferrol ven de pechar a tempada estival de salvamento e socorrismo, tres meses de servizo (do 15 de xuño ao 14 de setembro) nos areais do municipio aptos para o baño cun balance global de 15 rescates, 748 asistencias de enfermaría e unha afluencia estimada as praias de 258.365 persoas.

En total, foron 15 as veces que os profesionais deste servizo remunicipalizado e con xestión directa, tiveron que intervir para auxiliar a bañistas que se atoparon en apuros na auga, sempre en zona de corrente e, as mais das veces, lonxe da zona sinalizada como apta e óptima para o baño. Catro dos 15 rescates foi a menores de idade e outros 4 a persoas que practicaban un deporte acuático, habitualmente xente de fora do municipio.

O rescate mais complicado, de acordo ao relato dos socorristas, foi o dun cidadán xermano o pasado 11 de setembro, que rompeu a táboa cando practicaba surf pola forza da oleaxe.

Por praias, Doniños (8), San Xurxo (4), e outros tres en Cobas, Santa Comba e Ponzos. Penencia foi, por certo, a praia na que mais veces ondeaba a bandeira vermella mentres que A Graña, na ría, en San Xurxo e Santa Comba, na que lucia mais a verde.

No resumo global dos tres meses, Doniños foi a praia con maior número de asistencias de enfermaría (268), seguida de San Xurxo (119), Cobas (81), Esmelle (71), Penencia (62), Santa Comba (57), Ponzos (47), A Graña (40). Fundamentalmente por escarapote (411), corte (177), picadura (84) e outros (67).

Estimación da afluencia total no verán 2017:

Doniños, 87465; San Xurxo, 44.645; Cobas, 41.773; Esmelle, 40.781; Penencia, 14.016; Santa Comba, 9.170; Ponzos, 12.223; A Graña, 7.252 persoas. O mes con maior afluencia foi agosto (139.029) e o menos concorrido, setembro (5430).

A temporada estival deste 2017 estivo marcada pola climatoloxía inestable e variable con moitos días anubrados ou chuviosos e a baixada de temperaturas.

Lea también

El Concello de Ferrol todavía no tiene la titularidad de la avenida de As Pías

El estado de las zonas verdes de la avenida de As Pías ha llevado a …