Narón executou este verán obras nos centros de ensino públicos do municipio por un importe que rondou os 90.000 euros

Colegio O Feal – Google Maps

O Concello de Narón destinou este verán unha partida de 88.431 euros para facer fronte a diversas obras de mellora en centros públicos de ensino da localidade. Os traballos, tal e como explicou a edil responsable da área de Ensino, Mercedes Taibo, “permitiron a posta a punto dos centros de cara ao próximo inicio do curso escolar”.

No colexio Ponte de Xuvia procedeuse ao pintado de aulas, cun investimento de 4.731 euros; no CEIP de Piñeiros substituíronse elementos de madeira –portas, caixas de persianas…- por un importe de 6.866 euros; no CEIP Virxe do Mar procedeuse tamén ao pintado de catro aulas -4.833 euros-; e na escola de Freixeiro pintouse a fachada exterior e cambiáronse as persianas -10.500 euros-. No centro educativo do Val é donde se realizou un maior investimento por parte das arcas locais, concretamente 20.314 euros para a reposición dos baños de Infantil e 3.327 para ampliar un aula. Así mesmo, cambiouse o recubrimento do chan do patio cuberto do colexio de Domirón, que custou 18.097 euros; e pintouse no interior das escolas infantís de Piñeiros e A Gándara, o que sumou un investimento de 19.763 euros.

A maiores destas intervencións, actuouse tamén no mantemento das zonas verdes localizadas nos recintos dos centros escolares da cidade. Finalizadas estas tarefas, quedan pendentes outras que están previstas para finais de ano, concretamente coincidindo a súa execución coas vacacións escolares de Nadal. A edil de Ensino indicou que entre estes traballos pendientes está a reparación do chan do ximnasio do colexio Virxe do Mar e a instalación de videoporteiros no CEIP Piñeiros e no CPI do Feal.

Algo máis de tres mil nenos e nenas matriculados nos centros escolares de Infantil e Primaria do municipio comezarán o vindeiro luns, día 11, as súas clases. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, subliñou o feito de que “de cara a este inicio de curso o alumnado atopará nos colexios unha serie de melloras realizadas grazas ao investimento realizado desde o Concello, unhas actuacións que se complementarán este ano con outras intervencións pendientes de cara a que as instalacións se atopen nas mellores condicións posibles para os rapaces e rapazas”.

Lea también

El BNG de Mugardos insiste en la creación de un gobierno de izquierdas y llama al PSOE a unirse al mismo

El Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Mugardos acaba de hacer pública la última propuesta que …

Un comentario

  1. Esto que nos venden como un favor, se llama, entre el común de los mortales, «mantenimiento».