A concellería de Obras está a executar obras de mellora de accesibilidade e seguridade viaria nos accesos a diferentes centros educativos e sociais da zona urbana do concello. En conxunto, a área que dirixe Pablo Mauriz está a investir 24.000 euros nestas intervencións que, ao abeiro do Plan de Acción Social da Deputación Provincial da Coruña, consisten en liñas xerais na reparación e pavimentación de rúas localizadas na contorna destes espazos.
Trátase de cinco actuacións diferentes. A primeira é na rúa Foro, en Xuvia, vía de acceso directo aos colexios Jorge Juan e CEIP Ponte de Xuvia, así como ás dependencias administrativas do antigo Concello nun tramo de 237 metros de ancho variable. Tamén se está a actuar na rúa Río Sil, en Piñeiros, que dá acceso á Igrexa parroquial e ao centro parroquial de Piñeiros, así como ás instalacións da Fundación AFAES, cunha lonxitude de 115 metros.
A rúa Moeche, en Freixeiro, de acceso á escola unitaria de Freixeiro, contempla unha intervención en 115 metros de lonxitude nun vial aínda en terras. Ademais, estase a actuar na rúa Río Masma, situada na Gándara, ubicada na contorna da igrexa, o centro social e o parque infantil das Vivendas do Bispo, cunha lonxitude de 85 metros e un aparcadoiro de 200 metros cadrados, e na rúa Finca Federico, en Santa Icía, de acceso directo á entrada do colexio CEIP A Solaina, en 125 metros de lonxitude.
Estes viais estaban pavimentados con triplo rego, moi antigo xa e deteriorado e deformado por numerosas canalizacións de servizos, que facían que a circulación do tráfico rodado e o tránsito peonil fosen perigosas polos desniveis e continuas fochas.
Algunas de esas obras llevan realizadas semanas ya. Y no dejan de ser asfaltados, en algunos casos, de tramos de 20 metros… asfaltar una calle completa no se les pasa ni por la imaginación. Por cierto, TODAS ellas obras del PAS ¡¡¡2015!!! de la Diputación… y estamos casi en 2018, amigos!!!!