Cabanas e AFAL organizan a xornada “Colaborando pola seguridade no alzhéimer”

Preparación das Pepitas – AFAL

O Concello de Cabanas e AFAL Ferrolterra promoven a xornada “Colaborando pola seguridade no alzhéimer e outras demencias”. Un programa pioneiro dirixido ós profesionais que velan pola seguridade cidadá e, en concreto, Policía Local, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Garda Civil. Coa xornada búscase ofrecer información que fomente o entendemento sobre esta enfermidade e as estratexias que faciliten o manexo de situacións coas que se poden atopar na súa práctica diaria –desorientacións, conflitos, situacións de crise, agresividade, delirios, alucinacións…-.

A xornada celebrarase este venres, 25 de agosto, no salón de plenos da casa consistorial de Cabanas, a partir das 20 horas. E, aínda que está pensada especificamente para axentes da Policía Local, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil, así como persoal do servizo de axuda no fogar, tamén estará aberta a calquer persoa interesada no tema.

Dende AFAL, a súa presidenta, Ana María López, agradeceu a colaboración do Concello, e lembra que o 10% das persoas maiores sufren demencia, sendo o alzhéimer a máis frecuente. A afectación da memoria e a desorientación que provoca a enfermidade aumenta o risco de pérdida na persoa maior, convertíndoa nunha poboación especialmente vulnerable. Ademais, as alteracións do comportamento poden xerar conflitos familiares e/ou sociais nas que se requira presencia policial. De aí, a importancia deste tipo de xornadas.

Lea también

Casa Ignacio proclamouse como o mellor petisco do IV Saborea Cerdido

Acadou o galardón ao acadar 847 puntos nunha edición na que participaron máis de 300 …