Valdoviño abre este martes as portas da súa Oficina Municipal de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abrirá as súas portas este martes, 20 de xuño. Estará operativa os sete días da semana grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ó abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña. Durante catro meses, un dos traballadores estará a xornada completa e outro, parcial. Porén non só se limitarán a atender as consultas de visitantes e turistas mañá e tarde senón que tamén tomarán parte en iniciativas de promoción e dinamización turística.

Así as cousas, o horario da Oficina de Turismo, ubicada na Porta do Sol, será de 10,30 a 14 e de 16 a 20 horas.

Lea también

Abierta en Neda la inscripción para asistir a la merienda de Carnaval para mayores

El Ayuntamiento de Neda abre el plazo para anotarse en la nueva edición de la …