O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local. A contratación sufrágase con cargo a fondos municipais e terá carácter temporal, por espazo de tres meses. Permitirá ó Concello reforzar o servizo, nuns meses onde o municipio recibe un signiticativo número de visitantes e turistas.
A súa incorporación farase efectiva esta semana. Entre as súas funcións, corresponderanlles desempeñar as propias da categoría de auxiliar de policía local de Valdoviño, tales como custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións municipais, así como auxilio e colaboración dos funcionarios do Corpo da Policía Local e demais Forzas e Corpos de Seguridade.