Fene reedita este sábado a súa Fashion Night

As rúas e prazas de Fene converteranse a durante este sábado nun fervedoiro de actividade co gallo da II Fashion Night organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalaría e Servizos do municipio, O argumento principal será a presentación das propostas de moda para esta temporada. Porén, arredor delas deseñouse un completo programa de actividades que inclúen música, obradoiros e exhibicións de baile das escolas do concello. Todo co obxectivo de dinamizar e reivindicar a calidade do comercio de proximidade.

A II Fashion Night de Fene comezará ás 18.00h., aínda que xa desde as 11 da maña toda persoa interesada poderá participar nos talleres que terán lugar na Praza Verde: un de Calceta, outro centrado na creación de scrap e un terceiro de xogos de mesa antigos.

Durante toda a xornada máis de corenta establecementos ofreceranlle á clientela interesantes descontos promocionais e actividades paralelas como poden ser a música ao vivo, sorteos, petiscos, exposicións e outras moitas opcións para grandes e rapazada. E é que na fashion non só están implicados os comercios de roupa, senón que tamén participan locais hostaleiros e empresas de servizos.

O Concello marcou sete zonas repartidas polo casco urbano nas que hai programadas unha vintena de actividades.

Así, na zona da escalinata do parque Castelao -en Naturais de Fene- haberá ás 18.15h. un desfile de Moda Fene, Lualé 114, Artabria, Jomer, El Saón de Filo e Yovi, seguido da actuación de baile de Boris Pico Dance Center e da actuación musical do dúo Milómanos.

Na zona do cruce de Fene ás 19.15h. actuarán Fusion Dance e, a iso das 20.00h., do dúo Arcalí. Ao pé do Froiz tamén teremos baile e música, ás 19.45h. con Paso a Paso e ás 20.30h. co dúo D’Sound.

Avanzando cara abaixo por Marqués de Figueroa, na Praza Verde teremos un obradoiro de calceta entre as 11 e as 13h. impartido por A Xoaniña, co gallo do Día Internacional de Tecer en público. Das 11 ás 14.00h. será cando a academia EMEE ofreza a actividade de scrap e Buxaina a de xogos de mesa antigos. Á noitiña nese espazo encadearanse desde as 22.00h. tres actuacións: a do centro de danza Boris Pico, a de Fusion Dance e a do grupo musical Sintrom ni son.

No espazo reservado na Praza Perla, ás 19.45h. poderemos asistir á presentación de novidades e tendencias dos locais Dama, Carmen, A Tenda, Mayka, Berline, A Xoaniña, Más Sport, El salón de Filo e Loly Calvo. Irá seguida da actuación de Paso a paso e Fusion Dance, un ás 21 e outro ás 21.30h.

Na zona Eroski acturarán de novo Boris Pico Dance Center -21.15h.- Paso a paso -ás 21.45h.- e o grupo Bluesons ás 22.15h. Por último, na praza do Alcalde Ramón Souto -ao pé da Casa do Concello-, pecharase a noite a partir das 22.30h. con Paso a Paso, Boris Pico Dance Center e Fusion Dance.

Ademais, para amenizar as compras, Lucus Neda percorrerá os locais e fará que os clientes pasen un momento divertido.

A II Fashion Night é unha iniciativa organizada polo Concello en colaboración coa asociación de comercio, hostalaría e servizos «O Cruceiro». O obxectivo principal é a diamización da economía do municipio e a posta en valor do comercio de proximidade por prezo, servizo e calidade fronte ás grandes superficies comerciais.

Lea también

La oficina móvil de la Xunta visita Mugardos para informar sobre el programa RETORNO

El Concello de Mugardos recibió recientemente la visita de la oficina móvil de la Xunta …