A Casa da Cultura de Valdoviño acolle este domingo o espectáculo para bebés “Viaxe a Dadá”

Teatro da Semente traerá este domingo a Valdoviño a súa obra “Viaxe a Dadá”, un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e acompañantes con xogos iniciáticos, cancións de berce, estimulación sensorial e moito cariño. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 18,30 horas e entrada de balde ata completar aforo.

O pase forma parte da programación de actividades socioeducativas para esta primavera-verán que promove a Concellería de Servizos Sociais e inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

Sobre a temática do espectáculo, Dadá é a infancia, simbolizada nun cabaliño de madeira. É sementar para recoller, sementar para que medren as flores, sementar para (re)coñecer a vida e descubrir o mundo. O proxecto propón entrar no faiado da infancia, subirse a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxar pola lembranzas da nenez entre xogos e cantigas.

Lea también

La Diputación da Coruña licita la creación de un camino ciclable en la batería de Campelo

Tras quedar desierta una primera licitación, se abre de nuevo el proceso para la presentación …