Os encantos turísticos de Narón e comarca promocionaranse en Portugal cun stand informativo en Expocidades

O Concello de Narón participa en Portugal en Expocidades, con información turística da cidade e, por primeira vez, cos recursos turísticos do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. Esta Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico terá lugar na localidade portuguesa de Vila Real, os días 15, 16 e 17 deste mes. A edil de Turismo de Narón, Natalia Hermida, recordou que Narón, como membro do Eixo Atlántico, participa sempre en Expocidades, que se celebra cada dous anos, alternándose entre Galicia e Portugal. O ano pasado plantexou á Mancomunidade a posibilidade de que a maiores de información turística de Narón se levase a este evento a relativa ao sector dos municipios que integran o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, proposta aceptada no seu día polos representantes do organismo.

Un funcionario do Concello de Narón asistirá á cita xunto cunha informadora turística da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra. Unha vez en Expocidades, desde o stand de información turística Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas ofrecerase aos visitantes completa información sobre os atractivos turísticos non só do Concello de Narón, senón tamén dos integrantes do citado Xeodestino: Ferrol, A Capela, Ares, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Potedeume, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior.

Recomendacións sobre posibles lugares de interese para visitar, establecementos donde comer ou durmir, aportación de material informativo e merchandising, e entrega dunha mostra de pementos do Couto –facilitados pola Cooperativa do Val- forman parte do traballo a realizar desde Expocidades.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol conta cun convenio coa Xunta de Galicia para promocionar o turismo do Xeodestino Ferrolterra Rías Altas, e esta promoción forma parte dese acordo.

A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, destacou a importancia de que os concellos da comarca estean presentes este ano en Expocidades, “o que nos permitirá ofrecer aos visitantes do evento información global sobre os recursos turísticos dos municipios de Ferrol, Eume e Ortegal”, recalcou. Así memo, a edil incidiu en que se trata “dunha oportunidade única para facilitar ademais de información de Narón, a doutros concellos que forman parte do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, o que é moi positivo de cara a promocionarnos conxuntamente para atraer visitantes á comarca, a través dunha marca conxunta que ten moito que ofrecer”.

Hermida subliñou ademais a necesidade de continuar avanzando nesta área, de modo conxunto entre as administracións, “para aproveitar todos os concellos calquera oportunidade que se nos brinde para promocionar o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”.

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …

Un comentario

  1. teñen que levar de outros concellos porque de naron…, ni playas , parques naturales , barrios historicos , museos , festas de interes turstico , ni nada de nada , bueno si odeon conta como atraccion turistica xa poden presumir de algo