O Concello de Narón acolleu na tarde deste xoves, a partir das 19.00 horas, a sesión do pleno ordinario correspondente ao mes de maio. Na mesma aprobouse a proposta sobre o protocolo de Coordinación interdepartamental para a prevención, detección e intervención en situacións de violencia de xénero, cos votos favorables de todos os edís da corporación excepto o representante de ENE. O documento, elaborado para o persoal do Concello, recolle unha serie de mecanismos de asistencia e protección ás vítimas de violencia de xénero e aos menores que poidan estar ao seu cargo, se ben se recalcou na sesión que anteriormente xa se estaba traballando co colectivo a través dos pertinentes servizos municipais. Con este protocolo constátase de novo o “firme compromiso do Concello na loita pola erradicación da violencia contra as mulleres, conseguindo unha das ferramentas que se considera imprescindible e eficaz na
Narón, 25 de maio de 2017. O Concello de Narón acolleu esta tarde, a partir das 19.00 horas, a sesión do pleno ordinario correspondente ao mes de maio. Na mesma aprobouse a proposta sobre o protocolo de Coordinación interdepartamental para a prevención, detección e intervención en situacións de violencia de xénero, cos votos favorables de todos os edís da corporación excepto o representante de ENE. O documento, elaborado para o persoal do Concello, recolle unha serie de mecanismos de asistencia e protección ás vítimas de violencia de xénero e aos menores que poidan estar ao seu cargo, se ben se recalcou na sesión que anteriormente xa se estaba traballando co colectivo a través dos pertinentes servizos municipais. Con este protocolo constátase de novo o “firme compromiso do Concello na loita pola erradicación da violencia contra as mulleres, conseguindo unha das ferramentas que se considera imprescindible e eficaz na loita pola erradicación da violencia de xénero en todas as súas manifestacións”, tal e como figura no citado documento.
Así mesmo, no transcurso da sesión aprobouse por unanimidade oficializar o nomeamento da Praza da Lectura á situada entre as rúas Mestre Mateo, Illas Sisargas e Marqués de Figueroa, en Santa Icía (A Solaina) e tamén a continuidade da cesión dos locais municipais ubicados na rúa Río Vespasante -efectuada no ano 1996- á sociedade estatal Correos e Telégrafos para a prestación dos seus servizos á cidadanía.
No pleno acordouse, co respaldo de todos os edís excepto o de ENE, a designación dos compoñentes do Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Narón, en representación dos Consellos Territoriais de Doso, San Mateo, Pedroso, O Val, San Xiao, Xuvia, Santa Icía, O Couto, A Gándara, Piñeiros e Alto do Castiñeiro, e do Consello Sectorial de Igualdade. O acordo para conferir ao alcalde, José Manuel Blanco, a representación do Concello na vindeira Xunta Xeral de Accionistas de Cosma para renovar unha operación de crédito, así como asinar a documentación precisa sobre esta operación, tamén contou cos votos a favor de todos os edís excepto o de ENE.
No apartado de mocións, o Grupo Mixto presentou unha a través de ENE solicitando a elaboración dunha ordenanza reguladora da taxa por utilización do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. O documento, que contou co respaldo unánime dos edís da corporación local, contempla proseguir preparando os estudos precisos para elaborar a citada ordenanza.
Pola súa parte, o PSOE presentou unha moción sobre a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e de uso turístico en Galicia, para que se atendan os requerimentos ao respecto da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, para modificar algúns termos do decreto que establece a ordenación dos citados inmobles. O PP votou en contra desta moción, respaldada polo resto de grupos políticos.
Fóra da orde do día presentáronse outras dúas mocións, unha do PP solicitando melloras no Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, que non contou co respaldo de ningún outro partido da corporación, ao votar en contra o grupo de goberno e absterse o Grupo Mixto. Ao respecto, o alcalde recalcou que xa hai anos que se está traballando –tal e como se pide na moción- na promoción do Camiño Inglés, tanto desde o ámbito local como en colaboración con outras administracións, e incidiu en que se manterá esa mesma liña.
O Grupo Mixto, neste caso a través de EU, presentou unha moción solicitando a divulgación a través do Concello do Código de Boas Prácticas
Bancarias e a relación de entidades adheridas, entre outros acordos. Este
loita pola erradicación da violencia de xénero en todas as súas manifestacións”, tal e como figura no citado documento.
Praza da Lectura
Así mesmo, no transcurso da sesión aprobouse por unanimidade oficializar o nomeamento da Praza da Lectura á situada entre as rúas Mestre Mateo, Illas Sisargas e Marqués de Figueroa, en Santa Icía (A Solaina) e tamén a continuidade da cesión dos locais municipais ubicados na rúa Río Vespasante -efectuada no ano 1996- á sociedade estatal Correos e Telégrafos para a prestación dos seus servizos á cidadanía.
No pleno acordouse, co respaldo de todos os edís excepto o de ENE, a designación dos compoñentes do Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Narón, en representación dos Consellos Territoriais de Doso, San Mateo, Pedroso, O Val, San Xiao, Xuvia, Santa Icía, O Couto, A Gándara, Piñeiros e Alto do Castiñeiro, e do Consello Sectorial de Igualdade. O acordo para conferir ao alcalde, José Manuel Blanco, a representación do Concello na vindeira Xunta Xeral de Accionistas de Cosma para renovar unha operación de crédito, así como asinar a documentación precisa sobre esta operación, tamén contou cos votos a favor de todos os edís excepto o de ENE.
Mocións
No apartado de mocións, o Grupo Mixto presentou unha a través de ENE solicitando a elaboración dunha ordenanza reguladora da taxa por utilización do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. O documento, que contou co respaldo unánime dos edís da corporación local, contempla proseguir preparando os estudos precisos para elaborar a citada ordenanza.
Pola súa parte, o PSOE presentou unha moción sobre a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e de uso turístico en Galicia, para que se atendan os requerimentos ao respecto da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, para modificar algúns termos do decreto que establece a ordenación dos citados inmobles. O PP votou en contra desta moción, respaldada polo resto de grupos políticos.
Fóra da orde do día presentáronse outras dúas mocións, unha do PP solicitando melloras no Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, que non contou co respaldo de ningún outro partido da corporación, ao votar en contra o grupo de goberno e absterse o Grupo Mixto. Ao respecto, o alcalde recalcou que xa hai anos que se está traballando –tal e como se pide na moción- na promoción do Camiño Inglés, tanto desde o ámbito local como en colaboración con outras administracións, e incidiu en que se manterá esa mesma liña.
O Grupo Mixto, neste caso a través de EU, presentou unha moción solicitando a divulgación a través do Concello do Código de Boas Prácticas
Bancarias e a relación de entidades adheridas, entre outros acordos. Este punto aprobouse por unanimidade.