O alcalde de Narón recibiu esta mañá no salón de plenos a alumnado do colexio Virxe do Mar

Os alumnos do Virxe do Mar co alcalde no salón de plenos – Concello de Narón

Unha vintena de nenos e nenas de educación Primaria do colexio Virxe do Mar visitaron esta mañá o Concello de Narón. No marco dun programa impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, os menores visionaron unha proxección sobre o municipio, donde puideron ver algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, e reuníronse co alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos.

O rexedor local respostou ás curiosas preguntas que formularon algúns dos rapaces e rapazas. Antes de abandoar o Concello cara aos seus centros escolares levaron en recordo da súa visita unha gorra e un bolígrafo institucionais.

Nas vindeiras semanas visitarán o Consistorio outros grupos de alumnos e alumnas de colexios da cidade, unha iniciativa que se retoma cada ano durante o período escolar.

Lea también

Lúa Teijeiro Aneiros del Club Arco Narón elegida mejor deportista de Ferrol 2025 en esta modalidad

La arquera ferrolana Lúa Teijeiro Aneiros, alumna desde sus comienzos en este deporte de la …