Narón iluminará a rotonda de Freixeiro de malva polo Día Mundial do Lupus

(Rotonda de Freixeiro)

O goberno local de Narón colaborará coa Asociación Galega de Lupus, que conmemora mañá, día 10, o Día Mundial do Lupus. Sobre as 21.30 horas –e ata pola mañáprocederase a iluminar cuns filtros de cor malva a fonte da glorieta de Freixeiro, na estrada de Castela, para axudar á entidade a concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade.

O lupus é unha doenza autoinmune, crónica e inflamatoria que pode afectar a distintas partes do corpo, xeralmente á pel, pero tamén ás articulacións, aos músculos e aos riles, en determinados casos.

A colaboración do Concello de Narón súmase á doutros municipios galegos que tamén mañá iluminarán algúns espazos e edificios públicos, para así dar maior visibilidade a esta doenza.

Lea también

Lúa Teijeiro Aneiros del Club Arco Narón elegida mejor deportista de Ferrol 2025 en esta modalidad

La arquera ferrolana Lúa Teijeiro Aneiros, alumna desde sus comienzos en este deporte de la …