Entregados os premios do “II Concurso de relatos curtos” organizado por Narón e a ONG Acción Familiar

Foto de familia dos premiados – Concello de Narón

A concelleira de Acción Social, Catalina García, asistiu ao acto de entrega de premios do “II Concurso de relatos curtos” organizado polo Concello e o programa de minorías étnicas da ONG Acción Familiar (AFA) Ferrol, e no que colaborou a xoguetería Din&Don. A proposta, baixo o título “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”, enmárcase nos actos deseñados para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano, que tivo lugar o pasado 8 de abril. Os gañadores do certame, que se dirixía a rapaces e rapazas de quinto e sexto de Primaria de centros de ensino de Narón, foron: Marcos Rodríguez Fernández, do CEIP A Solaina, que gañou unha consola PSP polo relato “Amistad sin fronteras”; Tania Vilela Peñas, do CPI do Feal, que obtivo unha maqueta construíble por “O neno que quere ser xitano”, e Clara Fernández Menéndez, do CEIP A Gándara, que gañou unha mochila polo traballo, “Nueva en el cole”. Do total dos nove colexios nos que se deu a coñecer este concurso participaron tres –os anteriormente citados-, presentando un total de vinte e oito relatos.

A entrega de premios tivo lugar na xoguetería Din&Don, en Narón, e ao acto acudiron tamén a presidenta e a secretaria de AFA Ferrol, María del Mar Used e Concepción Rubio, respectivamente; a xerente da xoguetería Din&Don, e outras representantes da citada ONG.

García agradeceu a participación das nenas e nenos que presentaron os seus relatos a este certame e felicitounos pola súa implicación, así como aos tres gañadores desta edición. A edil naronesa incidiu en que “entre os obxectivos deste concurso está o de inculcar entre os menores as diferentes formas de vida das persoas atendendo ás súas propias culturas”, e subliñou “a importancia do respecto á diversidade das mesmas”.

Lea también

Lúa Teijeiro Aneiros del Club Arco Narón elegida mejor deportista de Ferrol 2025 en esta modalidad

La arquera ferrolana Lúa Teijeiro Aneiros, alumna desde sus comienzos en este deporte de la …