Obradoiro de educación alimentaria en Neda no mes de maio

Cartel do obradoiro – Concello de Neda

No mes de maio vaise levar a cabo o obradoiro de educación alimentaria dirixido ás familias do Concello de Neda. Esta actividade está inmersa no “Proxecto de prevención de drogodependencias e conductas aditivas” que os concellos de Neda, Fene e Mugardos están a realizar no marco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.

O obradoiro pretende formar e concienciar ás familias sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudable e fomentar a participación activa dos pais e nais na confección de un menú equilibrado.

Constará de dous sesións (nutrición básica e alimentación saudable e obradoiro de etiquetado de alimentos) de hora e media cada unha e impartirase os días 11 e 18 de maio na Casa das Palmeiras en horario de 16:15 a 17:45.

Para inscribirse pódese chamar os teléfonos da Casa da Cultura (981390233 / 981390249) ou no correo celia.sabin@neda.es en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Lea también

Valdoviño acoge el curso “formación especializada en alzhéimer y demencias”

El Ayuntamiento de Valdoviño abre inscripciones en el curso “Formación especializada en alzhéimer y demencias”, …