O Concello de Cerdido celebrou o Día do Libro cos escolares

Representación de Lúa en Viladoslibros – Concello de Cerdido

Hoxe martes 1 os nenos e nenas do CEIP da Barqueira celebraron o día do libro coa entrega de premios do XVII Concurso de Contos do Concello de Cerdido. As obras premiadas foron as escritas por Enma Mourente, Samanta Luaces, Irene Rico e unha obra conxunta presentada polo curso de infantil.

O alcalde e a concelleira de Cultura e Educación fixeron entrega dos premios que consistiron nun lote de libros. A xornada completouse coa representación da obra musical “Lúa en Viladoslibros”, subvencionada polo Concello de Cerdido e a Deputación da Coruña.

Unha grande xornada na que se repartiron libros a tódolos rapaces e rapazas do centro para animalos a desfrutar da lectura e do mundo dos libros, tratando de transmitirlles como ben dicía o lema do teatro musical porque “Ler mola”.

Lea también

Ares comeza co Nadal iluminando os mellores desexos da veciñanza

A concellaría de Cultura presentou un ano máis o simbólico acto que dá inicio ao …