Este venres, festival musical «A mocidade coa lingua-2017» no auditorio municipal

O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cooperan, un ano mais, para desenvolver a unha nova edición do festival musical «A mocidade coa lingua 2017», no ano no que a coordinadora ven de celebrar o seu 25 aniversario, trallando arreo pola lingua.

Será este venres 7, a partires das 10:30 horas no Auditorio de Ferrol e participan mais de 700 rapazas e rapaces dunha ducia de centros educativos da nosa comarca nun acto no que tomarán parte tanto o alcalde, Jorge Suárez, como o Concelleiro de participación e Normalización, Álvaro Montes.

Esta nova edición do «XXV Festival A mocidade coa lingua»foi presentado no mediodía deste mércores no Concello de Ferrol en rolda de prensa polo polo concelleiro de Participación, Álvaro Montes e Pilar Patiño, da Coordinadora de Equipas na comarca, que implica a mestre e alumnos no traballo a prol da lingua.

Este convenio entre o Concello e a equipa dálle continuidade a unha actividade como o festival musical da Mocidade coa Lingua que sube ao escenario a grupos veteranos e escolares de música en galego, para todos os estilos, nunha festa da lingua na que participan os IES da comarca.

Este ano toman parte cinco grupos noveis de 4 IES da comarca e un mais profesional. O primeiro en subir ao escenario será o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, de Narón, seguidos de Terras do Além, do mesmo centro. En terceiro lugar, The Last Chance, do IES Sofía Casanova, Oak Sons, do IES Carvalho Calero e, no peche, Indianos, está formado por alumnos do IES de Neda. Ao remate, a actuación de SOKRAM, que trae baixo o brazo o seu último traballo, Chuvia Ácida.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …