Axentes da Policía Local de Narón e Ferrol mantiveron unha reunión nunha zona na que se desenvolven obras de saneamento, na Gándara, con persoal da empresa adxudicataria das mesmas, e acordaron aplicar unha serie de cortes e desvíos de tráfico na rúa Concepción Arenal, ata a rotonda situada nas inmediacións do restaurante Casa Juanito. A medida aplicarase a partir do vindeiro mércores, día 1 de marzo, desde as 14.30 horas, tal e como indicaron desde a Policía Local, e permanecerá operativa ata que rematen os traballos proxectados na zona.
Desde a Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, presidida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, solicitan á cidadanía desculpas polas posibles molestias que a medida ocasione durante a tempada que permaneza en vigor, se ben recalcan a súa necesidade para continuar avanzando nas tan necesarias obras de saneamento integral da ría.
La concejalía de seguridad de Narón seguro que lo ha solucionado fácilmente y con prontitud: se ponen señales y vallas y dejamos que la Naturaleza siga su curso. Ya se irá reordenando el tráfico por sí mismo. No piensen ustedes que ningún agente va a controlar nada… y no digamos dirigir el tráfico! Eso es propio del Régimen anterior.