Baixo o título de “Sálvao cun selfie”, o Foro Ferrol Vivo pon en marcha unha campaña en redes coa que pretende implicar á cidadanía nun dos proxectos no que está inmerso dende a súa constitución: o de buscar alternativas e proxectos viables para a recuperación de espazos degradados da cidade e, en xeral, do termo municipal.
Así, as persoas interesadas en participar poderán enviar ata tres selfies (non necesariamente coa imaxe da ou do autor en cuestión se non quere aparecer) do espazo que considera prioritario á hora da súa recuperación á dirección de correo unferrolvivo@gmail.com, especificando o lugar da imaxe e o nome co que quere ser identificado nas redes. O prazo para enviar as fotografías –ata un máximo de tres por participante- estará aberto dende xa mesmo ata o 20 de marzo. Precisamente na segunda edición das Xornadas de Recuperación de Espazos Degradados –previstas para o sábado 25 de marzo- darase a coñecer a fotografía elixida, que será aquela que reciba máis “me gusta” tanto en Twitter como en Facebook.
O espazo degradado que resulte gañador será incluido no programa das terceiras xornadas, buscando para iso propostas concretas para a súa recuperación, que serán obxecto de debate en dita actividade.
O Foro Ferrol Vivo conta cunha páxina en Facebook (Foro Ferrol Vivo) e cunha conta en Twitter (@unferrolvivo).
La única manera de salvar Ferrol no es haciéndose un selfie, si no echando a este alcalde de su sillón, porque ni él ni su gobierno se preocupan por la ciudad ni hacen nada positivo por ella.