Nova reprobación á actitude do concelleiro de ENE en Narón

O presidente da Xunta de Persoal Conxunta (persoal funcionario e laboral) do Concello de Narón, Manuel Gómez; o secretario, César Bouza, e Juan Carlos Yáñez, en representación do colectivo, reprobaron publicamente na mañá deste martes a actitude do concelleiro de Eliximos Narón Electores (ENE), Alfonso Casal.

Bouza leu un escrito no que se aludía aos acordos adoitados na xornada deste luns na Mesa de Negociación, e no que se fixo constar a «máis enérxica condena e repulsa á derradeira actuación do concelleiro de Eliximos Narón Electores, Alfonso Casal pola publicación nas redes sociais dun comentario infamante e despectivo contra unha funcionaria municipal poñendo en dúbida a súa imparcialidade». O colectivo insta ao edil a retirar de inmediato o comentario, referido a un informe entregado a ese concelleiro, que «fai practicamente identificable á funcionaria».

Así mesmo, indicaron, a Mesa acordou solicitarlle ao alcalde, José Manuel Blanco, o encargo dun dictame xurídico externo no que se indiquen as posibles actuacións legais «contra aqueles que amparándose no anonimato utilizan as redes sociais e internet para menosprezar, difamar ou inxuriar aos empregados públicos deste Concello ou mesmo comparten, como Casal Pita, esas manifestacións».

A finalidade do informe é ver se se está cometendo unha ilegalidade e actuar en consecuencia, tal e como explicou Bouza. «É a terceira ou cuarta vez que este concelleiro fai un comentario deste tipo e vémonos na obriga de tomar as medidas que correspondan», asegurou.

Por último, os representantes da Xunta de Persoal Conxunta recordáronlle a Casal Pita que xa tivo que desculparse, por facer públicos os nomes e apelidos de varios funcionarios, nun pleno celebrado a finais do pasado mes de novembro e no que os vinte concelleiros restantes da corporación local naronesa reprobaron a actitude do edil de ENE.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

2 comentarios

  1. Parece que o sr casal esta molestando , os funcionarios de naron parece que teñen un pacto de non agresión co queridisimo alcalde, Decirlles a os trabajadores do consistorio que a nómina no e o alcalde quen a paga senon o pobo, e este ten dereito

  2. Funcionarios que deberían de preocuparse de hacer su trabajo y no meterse en cuestiones políticas.