O soño dunha noite de verán , nova estrea no Pazo da Cultura de Narón

O teatro protagonizará esta fin de semana a actividade do Pazo da Cultura cunha nova estrea. Neste caso será o turno da compañía compostelá “Voadora”, que este sábado, día 11, representará a comedia O soño dunha noite de verán, dirixida por Marta Pazos.

As entradas están xa á venda –na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A representación dará comezo ás 20.00 horas.

O Padroado da Cultura de Narón e o Teatro Colón da Coruña acolleron a primeira Residencia Técnica Artística compartida entre teatros públicos na provincia, a cargo nesta ocasión da compañía “Voadora”, que tivo á súa disposición persoal e equipos de ambas instalacións culturais para os seus ensaios. O traballo realizado polo persoal de “Voadora” durante esa Residencia deu forma a este novo espectáculo, que parte da adaptación dunha obra de Shakespeare. Demetrio, Lisandro, Hermia e Helena son catro dos protagonistas desta obra, que vivirán diferentes historias de amor, con fugas e persecucións incluídas.

A comedia O soño dunha noite de verán representarase nas vindeiras semanas noutras localidades galegas, como Rianxo, Noia, Oleiros e Santiago de Compostela, entre outras.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …