O Bloque Nacionalista Galego de Narón insiste en que a Estrada de Castela é hoxe en día unha vía urbana e que precisamente por iso a súa titularidade debería pasar a mans municipais, sempre, iso si, que a actual propietaria, a Xunta de Galiza, acometa as obras de humanización precisas.
O Consello Local da organización nacionalista manifesta a súa sorpresa perante e actitude inquisidora do Partido Popular, pois “semella negarnos o exercicio do noso dereito a presentar emendas aos orzamentos da Xunta”. “Temos representación no Parlamento Galego”, apunta o Consello Local de Narón, “e, polo tanto, temos o dereito e a obriga de presentar propostas que permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza de Narón”.
O BNG láiase de que o portavoz do PP “dixira tan mal a acción política doutra formación” e asegura non entender “cal é o problema” para que a formación á que representa cuestione a construción dun novo centro de saúde, dun centro de ensino primario e secundario que cubra a demanda actual ou de que se executen obras de saneamento coa colaboración da Xunta como ten feito recentemente con outros moitos municipios, gobernados maioritariamente, iso si, por compañeiros do seu propio partido.
“Nós”, conclúe o comunicado do BNG de Narón, “entendemos a crítica e o traballo que lle toca ao PP desde a oposición na corporación local, mais de aí a negarlle ás veciñas e veciños de Narón a posibilidade de recibir uns servizos de calidade por parte da administración competente, hai un mundo”.
Dos cosas:
1- ¿Qué imperiosas obras de «humanización» tiene que hacer la Xunta? Porque aún no nos lo han dicho.
2- Si el BNG está en el gobierno de Narón, uña y carne con Terra Galega y a sus órdenes, a cambio de jugosas dedicaciones exclusivas, ¿por qué no solicita el traspaso el Concello?
¿A qué dedicaciones exclusivas se refiere El Juglar? ¿Qué sabrá El Juglar de ese tema? ¿Podría iluminarnos?
1.- As mesmas ou patecidas as que se fixeron no tramo de Ferrol non fai moito tempo.
2.- Ningún dos dous concelleiros do BNG ten nin cobra dedicación exclusiva.
Atención! esta a falar un politico profesional (18 anos de concelleiro) o que algúns chaman: Casta politica de Narón, este dende logo non esta de paso pola politica el é dá vella escola.
Un político puede pedir cuando está en la oposición. Cuando está en el gobierno hace o no hace. No hay más. Lo demás es parafernalia para quedar bien, porque si quisieran hacer…. harían.