O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol convoca un acto público informativo, aberto ao conxunto de veciños e veciñas da cidade, para dar a coñecer a situación actual na que se atopa o proceso para poñer en marcha a rede de saneamento en Ferrol. Este acto vai ter lugar o vindeiro martes 24 de xaneiro ás 20 horas no salón de actos do antigo Hospicio.
O BNG considera necesario compartir co conxunto de veciños e veciñas da cidade a información que teñen dende o partido sobre esta cuestión de actualidade xa que consideran que é un tema de grande interese. Neste acto público repasarán o que se ten feito sobre este tema lembrando entre outras cuestións que o modelo eleito de rede de saneamento é obsoleto por tratarse dunha rede unitaria, contraria a todos os criterios actuais de xestión de augas residuais e contrario as propias determinacións da Lei de Augas de Galiza e das directrices do propio PXOM, ademáis de que PP impuxo unha taxa para pagar as obras e a posta en funcionamento do saneamento asumindo o modelo de rede unitaria imposto polo Estado e o custe das obras, segundo afirman dende o BNG na convocatoria.
En agosto de 2015 o Goberno da cidade confirmou que a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014 e que na actualidade o goberno FeC pretende dar continuidade ao modelo unitario imposto polo PP, asume os custes de reparación da EDAR, os da construción da obra e a posta en funcionamento da infraestrura e entrega a xestión do sistema á empresa ACUAES, responsable da execución dunhas obras que acumulan máis dun ano de retraso que suporán maiores custes para a Cidade.
Ao mesmo o BNG comunicará a suas propostas e que pasan por a transformación do sistema de depuración, modificando e complementando a infraestrutura para que as augas fecais non sexan tartadas conxuntamente coas augas pluviais reducindo os custes medioambientais e económicos. A xestión directa dos servizos básicos para a cidade, coa recuperación da xestión pública da auga, tanto no servizo de abastecemento como no de saneamento e depuración. A primeira compensación sería inmediata ao eliminar o beneficio económico da empresa concesionaria. Además dende o BNG solicitan que o Estado asuma a súa responsabilidade e pague as obras, a pesar de non poder decidir a ubicación da EDAR e ter que bombear máis de 40 m. os volumes a tratar, de impoñer un modelo de rede unitaria con excesivos tanques de tormentas insostible económica e medioambientalmente e de non poder decidir sobre o trazado dos colectores o Estado e o actual goberno pretenden que asuman os cidadáns o custe da obra.