Executarase un novo pavimento deportivo de pista entre outras actuacións.

El Goberno local de Ferrol aprobou o expediente de contratación da obra de melloras na pista polideportiva de Serantes, cun investimento de 135.438,75 euros. A actuación está incluída no Plan Único de Concellos POS+2026 con cargo á achega provincial.
Na actualidade, a pista polideportiva presenta un evidente deterioro motivado polo paso do tempo e polo seu uso, o que motiva a realización de diversos traballos. Entre eles atópase a demoliciación de zonas de soleira de formigón deteriorada, o retranqueo do murete tras a pista de baloncesto, a instalación da baranda de seguridade no tramo do murete e no parque infantil, así como a execución de novas beirarrúas perimetrais.
Executarase tamén un novo pavimento deportivo de pista e procederase ao seu pintado para a práctica de baloncesto, fútbol sala e balonmán. Ademais, é preciso facer arquetas de limpeza mediante caz oculto para a recollida de pluviais, así como a substitución da instalación de iluminación da pista e o pintado do muro na zona este da pista, así coma a reposicion da maia de peche.
O prazo de execución destes traballos previsto no proxecto é de seis meses.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.