O BNG demanda ao goberno local que rache co convenio de Defensa

Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, afirmou na mañá deste xoves e en relacion às declaracións da responsábel de urbanismo sobre o convenio con Defensa nas que fixo unha valoracion non moi positiva do mesmo, sinalou que «por parte do BNG sempre consideramos que o convenio con Defensa era altamente perxudicial para os veciños e veciñas desta cidade, e demandou ao goberno local que non agoche a cabeza debaixo da á e que se considera que este convenio é gravoso para a cidade de Ferrol que o rache dunha vez».

Iván Rivas, demandoulle ao goberno local «que rache este convenio xustificado por varias razóns e unha delas é que estamos a falar dun convenio con outra administración, unha administración estatal e que por tanto consideramos que non pode actuar como unha especide de inmobiliaria vendendo as propiedades que posue nesta cidade e, que por tanto, si desde un punto de vista politico consideramos que nós non podemos pagar por propiedades que deberían revertir de maneira gratuita aos veciños e veciñas desta cidade o convenio subscrito, máis aló das taxacións que se fagan, non ten sentido

Así mesmo desde o BNG pensamos que se este goberno considera que a distribución dun plan especial para o Sánchez Aguilera que contempla un novo centro comercial, que o único que vai facer é precarizar ainda máis o pequeno comercio desta cidade, e ao mesmo tempo incrementar o solo urbanizable e a posibilidade de que se poidan construir máis vivendas nunha cidade que ten o 20% das vivendas baleiras e avalar este modelo urbanístico cremos que non é o mellor camiño para orientar a politica urbanística deste concello».

Para o BNG este goberno debería comezar a adoptar decisóns é rachar este convenio e reclamar ao Ministerio de Defensa, da mesma maneira que o fai co resto de particulares desta cidade, o mantemento e conservación nun estado aceptábel das súas edificacións. «Non é tolerábel que o Sanchez Aguilera que estea nun estado de deterioración permanente con edificacións proximas á ruina cando no momento en que esas edificacións foron abandonadas a súa reutilización podería terse producido sen ter que facer investimentos dunhas cantidades que no momento actual e co paso do tempo cada vez serían maiores».

É desde este punto de vista que o BNG, «como xa o fixemos nun pleno municipal este mesmo ano a traves dunha moción que o goberno desta cidade rexeitou, reclama que este goberno rache dunha vez cun convenio que nos obriga a pagar por propiedades que deberían revertir de maneira gratuita que desenvolve mais de 400 vivendas no corazon da cidade cando deberiamos xestionar e desenvolver un espazo verde neste ambito do barrio da madalena e desenvolver un proxecto de rehabilitación das edificacións que existen ademais de reclamar ao ministerio de Defensa o mantemento e a conservación das edificacións que até este momento pouse na nosa cidade»

Tamén desde o BNG salientouse que hai outro aspecto tamén importante como é o feito de que as edificacións que están incluidas no ámbito do convenio do Sanchez Aguilera son edificacións desafectadas que serían susceptibles de cobrárselles os impostos municipais como o IBI e até este momento o goberno municipal actual, como o anterior, non esta a solicitar o pago do IBI das edificacións incluidas no convenio do Sánchez Aguilera cando son edificacións que deberían estar sometidas aos impostos municipais

 

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …

2 comentarios

  1. El BNG, como siempre entorpeciendo. Por eso es una fuerza residual. Por eso se han quedado sólo con 6 diputados en el Parlamento gallego, en su mínimo histórico. Pues nada, que sigan dándole a la manivela y yendo contra los intereses de los ciudadanos, que les irá muy bien.

  2. Con dos concejales el BNG tiene una dedicación exclusiva y además un administrativo del Grupo Municipal pagado por el ayuntamiento