Nos últimos meses vense realizando unha actividade marisqueira a flote na ensenada de Ares, motivo que leva ao BNG de Ares a reiterar unha das propostas que leva defendendo dende hai anos, ao respecto do «aproveitamento de recursos propios, como xerador de emprego»
Durante este tempo, o grupo municipal estivo recabando datos e información ao respecto das posibilidades que se lle abre á veciñanza aresá dun novo «nicho de postos laborais». A este respecto según apunta o Portavoz Municipal, Emilio Mesías, «a solución pasa pola Elaboración dun plan de marisqueo a pé e a flote por parte da Confraría de Pescadores de Ares, o cal faría que a zona quedase acotada á xestión da entidade aresá e deixaría de ser zona de libre marisqueo, xa que hai capacidade e recursos.»
Según os datos recabados, na actualidade hai unha cota de 25 quilos por persoa e día na extración de ameixa, e faenan entre 30 e 40 embarcacións.
Por este motivo, o BNG vaise reunir próximamente coa confraría aresá e facerlle chegar a iniciativa, da que esperan sexa ben acollida.