O colectivo veciñal de Lubre-Cervás- Chanteiro que naceu para reclamar a execución do proxecto da estrada ‘Ares-Chanteiro’, quere facer público que o domingo día 18 ás 12h 30 min. convoca unha manifestación veciñal, que consistirá nunha caravana de vehículos. A saída terá lugar en Chanteiro con incorporacións en Cervás e Lubre, rematando na praza do Concello, onde se procederá a lectura dun escrito de protesta polo retraso inasumible que ten a obra da estrada ARES-CHANTEIRO
A plataforma,ven denunciando dende hai anos a perigosidade desta estrada para a circulación de persoas e vehículos; así como os contínuos accidentes que se produciron na mesma, derivados do reducido ancho da estrada; de feito, a saída de vía e o denominador común dos accidentes.
A obra aprobouse en Febreiro do 2015
A execución do proxecto da estrada DP402 de Ares-Chanteiro, aprobouse no pleno da Deputación que se celebrou en Febreiro do 2015.(lembremos que esta obra está solicitada dende o ano 1999,e o proxecto aprobouse no 2008).
Foi adxudicada no mes de Abril con un período de execución de 12 meses, dos cales xa pasaron 7 meses sin mover unha pedra.
Lembramos que Diego Calvo (PP) afirmou que, unha vez pasado o trámite do pleno, neste primeiro semestre licitarían as obras.
Tamén o actual presidente da Deputación (PSOE), asegurou que as obras comezarían a primeiros do mes Novembro.
Os veciños nun comunicado sinalan que «Como vemos que o Concello de Ares, neste tema está ” DADO POR DESAPARECIDO”, é polo que nos manifestamos reclamando o cese de enganos e promesas incumpridas e a inmediata execución da obra, así como a participación e colabouración de todalas organizacións politicas e sociales» .
buenoooo, como espereis por valentin foromoso vais apañaos, el hombre que a todo dice si le dicen en as pontes