O Concello de Narón, pioneiro en convocar accións formativas de Operador carretilleiro e operador de plataformaelevadora

Un total de corenta e oito persoas desempregadas de Narón rematarán antes de finais de ano unha acción formativa sobre Operador carretilleiro/a e operador de plataforma elevadora, con certificación UNE impulsado desde a Concellería de Formación, que preside a edil Natalia Hermida. A elevada demanda que rexistrou a convocatoria levou á citada concellería a realizar un «esforzo inversor» para poder convocar dúas edicións a maiores das dúas previstas nun principio.

Das catro que se programaron unha xa rematou e as tres restantes –unha para persoas ata 35 anos- estanse a desenvolver na actualidade, en horario de mañá e de tarde. As sesións impártense no Centro Municipal de Formación, na Gándara. Hermida indicou que a partida destinada a estas catro edicións da citada acción formativa ascende a 15.025, 66 euros.

Os participantes nesta acción formativa abordaron contidos como o Manexo de carretillas de manutención Tipo I (transpaleta, carretillas transportadoras, apiladores…) e Tipo II (retráctil, carretillas elevadoras de mástil, de brazo, de almacenaxe…) segundo normativa UNE 58451. Así mesmo, tamén está entre os contidos desta acción formativa o Manexo de plataforma elevadora móbil de persoal (PEMP), de tixeira e de brazo articulado, segundo normativa UNE 58923.

«O Concello de Narón é a primeira administración pública da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal en convocar este curso coa indicada certificación UNE, que é a que están solicitando ao seu plantel as compañías que traballan na industria naval», asegurou Natalia Hermida. A edil destacou que «á vista das elevadas taxas de paro en xeral e no sector da industria naval en particular, coa convocatoria destas accións formativas desde o goberno local apostamos por ofrecer unha certificación axeitada ás necesidades reais das empresas, co fin de mellorar as opcións da veciñanza de Narón á hora de acceder ao mercado laboral», e apuntou que «en certo modo tamén é unha colaboración coas empresas do sector, que non terán que pagar o curso aos traballadores e ás traballadoras que o realicen a través da administración local no caso de ser contratados».

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …