Narón programa un obradoiro de sistemas de retención infantil, porteo e matronatación

Os servizos de Normalización Lingüística e de Educación Viaria do Concello de Narón programaron un taller teórico práctico de sistemas de retención infantil, porteo e matronatación que terá lugar o vindeiro xoves, día 1 de decembro. A convocatoria ten entre os seus obxectivos solventar posibles dúbidas que poidan xurdir entre as familias que están a esperar un bebé, tal e como se apuntou desde a organización.

A convocatoria comezará ás 11:45 horas na piscina municipal da Gándara, donde se impartirá unha clase de matronatación. Xa pola tarde, a partir das 17 horas, o local social do Alto do Castiñeiro acollerá unha charla informativa sobre seguridade no automóbil e sistemas de retención infantil, a cargo de persoal de Ali Bebé, e de porteo, da man do grupo de apoio á lactación materna Bbtta.

A actividade é de balde e diríxese a todas as familias interesadas, se ben é preciso anotarse previamente nos citados departamentos municipais a través dos correos electrónicos seguridadevial@naron.es ou a.pita@naron.es; chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2412 ou 1516), ou nas instalacións de Ali Bebé.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

2 comentarios

  1. Es decir, ALI quiere vender y los del Concello apuntarse el tanto.

  2. Lo de Normalización Lingüística metido en el medio de de esto, ¿a qué viene? ¿Será para que le expliques al niño por qué debe ir atado en su sillita, pero lo hagas en gallego, que así va más seguro?