O concelleiro de Emprego Álvaro Montes visitou na mañá deste martes no Centro de Emprego aos participantes dunha nova edición do Programa Integrado para o Emprego Ferrol Inserta 6. Este programa que xa comezou en setembro deste ano ten unha duración 12 meses polo que rematará en agosto do vindeiro ano 2017.
Os colectivos obxectivo deste programa son persoas que teñen unha especial vunerabilidade social ou que teñen máis dificil a súa inserción laboral como son persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, menores de 30 anos e aqueles con baixa cualificación, mulleres desempregados e persoas que levan en situación de desemprego durente un longo período.
Nesta edición do Programa Inserta 6 participan un total de 60 dos que 36 son mulleres e 24 homes. Co fin de mellorar a ocupabilidade destas persoas no mercado laboral, este programa desenvolvese como un plan integral de emprego no que se implementarán accións de diversa natureza coma información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías e /ou idiomas, formación en habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, prospección empresarial, o prácticas profesionais non laborais entre outras.
O concelleiro Alvaro Montes destacou «a importancia destes proxectos e a necesidade de buscar a continuidade da colaboración mantida nos últimos anos entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Ferrol”»xa que é vital «dotar de ferramentas de inserción ao colectivo de desempregados do noso concello».
Entre os obxectivos ademais da mellora da empregabilidade das persoas participantes, posicionarse como punto de encontro entre a oferta e a demanda, e revalorizar os recursos humanos que o concello ten e achegárllelos ás empresas da comarca. Este tipo de programas tenén un carácter experimental e innovador na busca de diferentes alternativas para a inserción laboral integral partindo dun deseño personalizado dun plan adaptado ás necesidade de cada persoa beneficiaria.
Ahí, ahí, que pida ayuda a quien sabe que nos la presta, la Xunta si hace por Ferrol lo que el Concello ni por asomo. Después ya estará el apoltronado para colgarse las medallas y tal