Cabanas habilita o Teléfono do Veciño para comunicar incidencias vía whatsapp

O Concello de Cabanas vén de poñer en marcha o Teléfono do Veciño, un novo servizo de whatsapp para mellorar, facilitar e, sobre todo, procurar unha comunicación directa e inmediata entre Concello e veciños do municipio. A través do mesmo, poderán dar traslado de calquer incidencia na vía pública ou plantear calquer proposta. Dende unha avaría no alumeado público ata a aparición dun vertedoiro incontrolado, por poñer algún exemplo. O número é 637 55 98 73 euros o seu uso é tan sinxelo como enviar a este un simple whatsapp.

Así mesmo, os veciños poderán acompañar a súa mensaxe de imaxes da incidencia, indicando a rúa ou camiño na que se ten producido. Agradécese, iso si, unha breve explicación da incidencia ou proposta. Recibida no número do Teléfono do Veciño, o Concello iniciará as xestións para tentar darlle solución o máis axiña posible.

Este novo canal de comunicación, que nace das posibilidades que permiten as novas tecnoloxías, sumarase ós habituais: teléfonos de atención dos diferentes departamentos municipais, correos electrónicos e consultas presenciais.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …

Un comentario

  1. Luis María Taboada

    Me parece una buena iniciativa. A veces la rapidez en comunicar algo es muy importante. Y sobre todo, si es un problema urbano, el poder enviar una foto, aclara al momento los medios que hay que desplazar. Espero que mi ayuntamiento, el de Ferrol, y todos los demás, copien la idea.