Valdoviño e A Deputación convidaron ao alumnado do CPI Atios á proxección da cinta documental «Crónicas dun NON!»

No marco do ciclo Outono das Artes que promove a Deputación da Coruña, o Concello de Valdoviño convidou ao alumnado da ESO do CPI Atios a asistir ao visionado do documental «Crónicas dun NON!».

O pase da cinta producida por Taller de Insomnios e Serea Films, tivo lugar onte pola mañá no auditorio, e contou coa presenza do director do filme, Fernando Rodríguez Gómez «Peñaño».

A cinta recupera a historia do movemento de insubmisión en Galicia e da loita colectiva que contribuíu á desaparición do servizo militar obrigatorio no Estado español.

A partir da experiencia persoal do seu director e dos testemuños de persoas que participaron na mobilización, o filme percorre máis dunha década de desobediencia civil, compromiso social e defensa dos dereitos e das liberdades.

Máis alá da memoria dun movemento, o documental propón unha reflexión sobre o valor da participación cidadá e a capacidade da acción colectiva para impulsar cambios sociais e políticos.

Lea también

Xesús Permui presentou en Ortigueira o primeiro libro de ensaio «Devesos: a nosa terra e a nosa xente»

O Salón “Rafael Fernández Casas”, da emblemática Sociedade “La Devesana”, acolleu o pasado venres a …