Regueifas e contacontos para celebrar a vindeira semana en Neda o Día do orgullo neofalante

O Concello de Neda sumarase, un ano máis, á conmemoración do Día do orgullo neofalante, que se celebra o 1 de outubro, coincidindo coa data de nacemento do cantautor Andrés do Barro, e ten como obxectivo gañar falantes e espazos de uso para o galego.

Lupe Blanco

E farao regueifando e cun contacontos para o público infantil. Co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a administración local traerá ao IES Fernando Esquío “Quen inventou o rap?”.

Trátase dun espectáculo protagonizado por Lupe Blanco, unha das voces claves na expansión actual da regueifa, esas disputas dialécticas improvisadas e en verso que forman parte da nosa tradición oral. Sen dúbida, un antecedente de manifestacións musicais actuais como o rap.

A proposta, dirixida ao alumnado de secundaria do centro, e prevista para o 29 de setembro, a regueifeira reta con versos rimados e creados no momento, combinando enxeño, ritmo e complicidade co público. O segundo espectáculo vai destinado ao público infantil, e terá lugar na biblioteca municipal o sábado 3 de outubro, a partir das 12:30 horas.

Onde nace a lingua

“Onde nace a lingua” é o título do contacontos que traerá Marta Ortiz, concibido como “un canto coral ao galego e á nosa cultural, un mosaico práctico de recursos vivos dos que nos dota a tradición oral”. Non faltarán as adiviñas, os trabalinguas e os contos rimados, nos que os nenos e nenas xogarán co idioma.

O Concello de Neda conta cunha achega de 1.198 euros, no marco das axudas autonómicas para o desenvolvemento de programas e accións de dinamización lingüística para impulsar estas dúas actividades programadas ao redor do Día do orgullo neofalante, que conmemora o nacemento do cantautor ferrolán Andrés do Barro, primeiro artista que conseguiu un éxito de masas en España cantando en galego.

Lea también

Ortigueira destina 2,6 millones de euros en tres años a la mejora de pistas municipales

El esfuerzo inversor responde al compromiso del Concello de mejorar el estado de las vías …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *