Premian ao Hiper Froiz Narón pola súa axuda ao Centro de Recusos Solidarios

naron-froizA concelleira de Acción Social, Catalina García, e Carmen Ponce, vogal e voluntaria da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, entregaron na tarde deste xoves ao xerente do Hiper Froiz Narón, José Ramón Veiga, un diploma que acredita ao establecemento como “Colaborador do Ano” da citada entidade.

García valorou a axuda prestada ao Centro de Recursos Solidarios de Narón “desde o inicio da súa actividade”, así como a celeridade coa que actuaron nos casos nos que se precisaba colaboración de modo urxente para atender aos usuarios, preto dun milleiro de persoas de Narón e comarca.

O xerente do Hiper Froiz Narón agradeceu o recoñecemento e amosou a dispoñibilidade da empresa a “colaborar en todo o que poidamos neste tipo de causas solidarias”.

O acto tivo lugar ás 17.00 horas nas instalacións do Hiper Froiz Narón, no Centro Comercial Narón.

Lea también

TEGA leva ao Pleno unha moción para esixir o reforzo urxente da capacidade eléctrica de Narón

O Grupo Municipal de Terra Galega levará ao próximo Pleno do Concello de Narón unha …

Un comentario

  1. El Centro de Recursos Solidarios está integrado, entre otras entidades, por la PAH, dirigida por la independentista Ada Colau, es decir: Podemos y sus amigos.